Unha visión xeral, clara e profesional do noso traballo para alcanzar o éxito na túa empresa

Levamos máis de 25 anos proporcionando servizos de asesoría e consultoría a PEMES e a autónomos. Con sede en Lugo, traballamos para optimizar o desenvolvemento empresarial dos nosos clientes, a través dun servizo profesional e de calidade.

O noso obxectivo é axudar ós nosos clientes a alcanzar as súas metas, acompañándoos en cada etapa empresarial. Colaborar con eles para que xeren e manteñan a súa riqueza, dentro das normas legais, é a nosa misión.

Cada un dos nosos clientes é único, e cuidámolo coa importancia que merece

Os nosos valores

Reigosa & Varela está formado por un equipo cunha extensa experiencia no ámbito económico e de asesoramento empresarial global. Afrontamos cada servizo coa mesma ilusión que o primeiro día, adquirindo un compromiso profesional cos nosos clientes.

Profesionalidade

Somos asesores profesionais colexiados e especialistas cun alto grao de formación. Licenciados en Ciencias Económicas e Relacións Laborais, membros do Rexistro de Economistas e Asesores Fiscais e Rexistro de Economistas Forenses.

Experiencia

Dende hai máis de 25 anos proporcionamos servizos integrais de asesoría e consultoría económica. En continua aprendizaxe, o noso equipo adáptase día a día aos posibles cambios de carácter lexislativo, laboral e económico que poidan afectar ós nosos clientes.

Flexibilidade

Adaptámonos ás necesidades de cada cliente, ofrecendo alternativas e posibilidades que se axusten a súa dispoñibilidade e horarios.

Compromiso

O noso equipo está comprometido ao 100% co traballo que se realiza, no que destaca a capacidade de coordinarse para alcanzar os obxectivos e metas dos nosos clientes.

Tar Asesores, a nosa sede en Vilalba

Esta asesoría fúndase en outubro do ano 1986 coa finalidade de ofrecer un servizo integral ás empresas.

Dispoñemos dos medios tecnolóxicos máis avanzados a nivel de software, equipos informáticos e de telecomunicacións, sempre sen olvidar o trato persoal cos nosos clientes.

Contamos tamén cunhas instalacións dotadas do debido equipamento e adecuadas para que os nosos clientes teñan unha absoluta confidencialidade nos asuntos que veñen tratar.

En definitiva, pretendemos axudar aos nosos clientes, cos que nos sentimos identificados, no desempeño eficaz dos seus obxectivos comerciais.