Servizos integrais de asesoría e consultoría

Máis de 25 anos prestando servizos a empresas e profesionais.

Emprendemos xuntos un novo camiño

O noso espírito nace do traballo e do esforzo común de todas as persoas que conformamos Reigosa & Varela e Tar Asesores.

Os nosos valores medran e viven en cada un dos membros do noso equipo humano, que comparten a misión e visión de futuro, e que traballan cada día por unha estratexia común de ofrecer un servizo profesional, altamente cualificado e de calidade.

Coñecer e crecer é a única forma de ofrecer o que necesitan os nosos clientes. Por todas estas razóns estamos convencidos de que este novo camiño xuntos é, simplemente, o comezo de algo moito mellor.

Ofrecemos un servizo de asesoramento personalizado e axustado ás necesidades de cada cliente

Traballamos con rigor e profesionalidade: queremos que os nosos clientes se sintan seguros. Por iso, en Reigosa & Varela esforzámonos en crear unha relación de confianza coas empresas coas que traballamos.

Máis información

Asesoramento personalizado e axustado

Unha visión xeral, clara e profesional do noso traballo para alcanzar o éxito na túa empresa

Levamos máis de 25 anos proporcionando servizos de asesoría e consultoría a PEMES e a autónomos. Con sede en Lugo, traballamos para optimizar o desenvolvemento empresarial dos nosos clientes, a través dun servizo profesional e de calidade.

O noso obxectivo é axudar ós nosos clientes a alcanzar as súas metas, acompañándoos en cada etapa empresarial. Colaborar con eles para que xeren e manteñan a súa riqueza, dentro das normas legais, é a nosa misión.